Saturday 11 de May de 2024

O judo galego reúnese este sábado entre Fene no “Xogajudo” e na cuarta xornada da “Liga Galicia Rías Baixas”


Máis de seiscentos judokas procedentes da zona norte de Galicia participarán este sábado,
29 de febreiro, no pavillón de San Valentín, nunha xornada adicada ao judo que combinará
xogo e competición. O programa arrincará ás 11.00 horas co Xogajudo, xornada de Deporte
Escolar que patrocinan a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Fene. Xa pola
tarde, a partir das 16.00 horas, arrincará a competición da cuarta xornada da Liga Galicia
Rías Altas, correspondente á primeira da Liga de Ferrolterra.
Fomentar os valores do judo (participación, compañeirismo, respeto e amizade); instaurar
hábitos deportivos saudables e facer vivir aos nenos experiencias e sensacións do xogo
predeportivo. Son algúns dos obxectivos do programa de Deporte Escolar “Xogajudo” que
esta fin de semana recala en Fene. En horario de mañá, a partir das 11.00 h., ao redor de
400 judokas da comarca de Ferrolterra, Lugo e Santiago de Compostela tomarán parte nesta
competición adaptada.
Finalizado o Xogajudo, a actividade no Pavillón de San Valentín retomarase ás catro do serán
co desenvolvemento da cuarta xornada da Liga Galicia Rías Altas, primeira da Liga
Ferrolterra, na que participarán ao redor de 200 judokas das categorías Cadete, Infantil e
Alevín.
Nesta competición, que organizan os clubs Artes Marciais Fene e A.D. Judo Ferrolterra co
patrocinio do Concello de Fene, os equipos de ámbalas dúas entidades deportivas locais

tentarán escalar vitorias ou manterse na parte alta da clasificación coa vista posta no play-
off final. En canto á participación de judokas locais, dende a A.D. Judo Ferrolterra salientan

na categoría Cadete a June Moreno, Manuel Pérez e Álex Carnero, todos eles medallistas
galegos, e a de Javier Sánchez, actualmente no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.